VOCES DO ATLÁNTICO AO VIVO EN PONTEVEDRA
Cantos na Maré, o espectáculo que reuniu algunhas das máis destacadas voces de fala lusófona, xa ten forma redonda. A do CD que agora sae á rúa para recoller a música en directo de Chico César, Uxía, Filipa Pais, Manecas Costa, Astra Harris, Xabier Díaz e Jon Luz.
A edición discográfica do espectáculo Cantos na Maré é un soño que converteu en realidade neste nadal de 2005. Un soño dunha noite de verán, a do 16 de agosto de 2003, durante a cal, na pontevedresa praza da Ferrería, se xuntaron as voces de diferentes artistas que teñen a lusofonía como denominador común: Chico César de Brasil, Uxía de Galicia, Filipa Pais de Portugal, Manecas Costa de Guinne-Bissau, Astra Harris de Moçambique, Xabier Díaz de Galicia, e Jon Luz de Cabo Verde.
Estos artístas fixeron do seu concerto unha festa da música en galego-portugués, unha celebración do mar como elemento de unión e unha cita para ritmos cálidos e festivos. Unha mestura de sabores africanos, brasileiros, portugueses e galegos que deron como resultado un prato exquisito. Agora, cando se ven de celebrar a terceira edición do espectáculo, publícase o CD Cantos da Maré que recolle os sons daquel primeiro concerto da praza da Ferrería. Os beneficios desta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Beradêro, Catolé do Rocha, Estado da Paraíba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estímulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. Esta institución está promovida por Chico César, autor de éxitos mundiais como Mama África e que exerceu de director musical no espectáculo Cantos da Maré.
O disco, que recolle 16 cancións gravadas en directo, está producido por Nordesía baixo a dirección de Uxía Senlle, e ve a luz nun digipack especial (12x18 e libreto de 28 páxinas) cunha arte final realizada polo deseñador e ilustrador Fausto Isorna. Unha primeira edición especial que non atoparás nas tendas.
Envíos unicamente ás comunidades do Estado Español.