Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fermín Paz

Diálogo e represión

10:36 14/03/2010

No seu dia o Buró da nosa a Asociación Internacional “Dereito á Enerxía” (DAE), reunido con urxencia en Marrocos-Casablanca-, o día 12 de Outubro de 2009, enterado da decisión do Goberno Mexicano de emitir un decreto de extinción da empresa pública Luz y Fuerza del Centro(Ly FC) , acordou que tendo en conta que istoe afecta a unha organización aderida á DAE e que por extensión ten ou terá un forte impacto no pobo mexicano, no referente ao acceso á enerxía, o servizo público e a todos os aspectos da dimensión social da enerxía, exiximos a derogación inmediata do “decreto de extinción” de LyFC; o retiro das forzas policíacas e militares dos centros de traballo e o cese da política de persecución ao Sindicato Mexicano de Electricistas (SME), e por último, o establecemento dunha mesa de diálogo verdadeiro para resolver os problemas técnicos e financeiros de LyFC.

Xa pasaron 5 meses e a situación lonxe de arranxarse, complícase. Todo este tempo foi empregado por parte dos prexudicados en defenderse e por quen decidiu tal patraña sen parangón na escena internacional, na demonización por todos os medios dunha organización como o SME e da sua dirixencia, contando para isto cun apoio mediático sen precedentes. Noventa e cinco anos de historia avalan ao SME comprometido co mellor da loita do movemento obreiro e do pobo mexicano.

Hai bastante tempo que coñezo, coñecemos como Asociación, a realidade do sector eléctrico mexicano e o Goberno mexicano, os poderes do Estado deberan como mínimo autoresponsabilizarse do seu deterioro, da sua xestión e incluso da sua estructuración. A súa é unha fuxida cara diante e unha cortina de fume que agochao intereses espurios.

Na miña analise, o Presidente Calderón non só incumpre, que xa sería bastante, a Constitución Mexicana en varios dos seus artigos pero principalmente no Artigo 27 no seu parágrafo sexto, que establece con perfecta e indiscutible claridade que “Corresponde exclusivamente á Nación xerar, conducir, transformar, distribuir e abastecer enerxía eléctrica que teña por obxecto a prestación de servizo público. Nesta materia non se outorgarán concesión aos particulares e a Nación aproveitará os bens e recursos naturais que se requiran para estes fins.” Por se isto fora pouco o Goberno entregou a multitude de pequenas empresas privadas a operación do conxunto de instalacións (plantas xeradoras, líñas de transmisión, redes subterráneas e aéreas, centros de traballo e oficinas comerciais) que de acordo á Constitución, á Lei e do Contrato Colectivo de Traballo, que son Materia de Traballo do Sindicato Mexicano de Electricistas. E que dicir dos incumprimentols dos convenios de carácter internacional suscritos polo Goberno Mexicano relativos aos dereitos laborais, de lexitima defensa e de dereitos humanos que serán obxecto de denuncia pola nosa parte diante dos organismos internacionais de OIT e ONU.

Ademáis o decreto de extinción carece dos máis mínimos requisitos, como son:

-Non se da audiencia previa senón que con nocturnidade e alevosía toma os centros de traballo, logo pública o decreto e uns días despois solicita a autorización.

-Invade competencias do Congreso da Unión, que é quen as ten para casos da natureza invocada.

-Non cumpre coas exixencias previstas na Lei que son as mesmas que para a constitución dun organismo descentralizado como LyFC.

-A forza maior esgrimida para acabar coas relacións de traballo, a crea o goberno xa que este concepto é aplicable nos casos que a situación non se pode prever nin sequera evitala.

-Se se dita sustitución patronal, xa que os bens na súa totalidade se entregan á outra empresa con concesión no territorio nacional, Comisión Federal de electricidad (CFE), dita transferencia faise co ánimo de continuidade, ou sexa de patrón substitutorio, pero que contradición, no caso das relacións laborais contractuais non se cumpre. Non vou entrar agora a analizar a eficencia desta outra empresa en termos homoxéneos.

Houbo un tempo que o Presidente Calderón e algúns medios de comunicación, utilizaron como "xustificación" o conflicto interno no SME. Parecía en principio que o problema electoral do último conflito era un enfrontamento entre correntes sindicais da propia organización con base nun pluralismo a preservar e os pseudo argumentos e triquiñuelas legais dos contrarios ao actual Secretario Xeral, Martín Esparza, exixía e recomendaba non inmiscuirse nos problemas internos dunha organización. Mais hoxe xa todo se foi aclarando grazas a que o Goberno de Calderón nunhadas súas accións inconstitucionais e ilegais e cunha actitude totalmente perversa, ordena cando non consinte á CFE “entrega” de contratos a cinco empresas privadas ao que fora contrincante do actual Secretario Xeral, quen pasa dunha tacada de dirixente sindical a empresario, clarificando de maneira total calquera sombra que puido haber na disputa.

Teño lido informes do Banco de México e uotros organismos internacionais sobre as Empresas eléctricas públicas en México onde se incide e de que xeito no problema sindical e nos custes laborais e en cambio afóndase moi pouco nos aspectos tecnolóxicos, de control e de xestión. En concreto no caso de Ly FC fálase do asunto sindical “de estruturas con obxectivos moi ben definidos e un alto grado de organización”, entre outras conclusións problemáticas. En canto á redución dos custes se fai mención especial nos laborais e en mecanismos para a súa redución no corto e medio prazo. Cando falo de intereses espurios non deixo de lembrarme de toda esta documentación e encontrar na súa sistematización os verdadeiros intereses do decreto de extinción de LyFC : unha privatización encuberta de novo cuño, a destrución da organización sindical e a aminoración de costes vía ciruxía.

O Sr Calderón ten que aceptar que en México segue sendo un reto o facer accesible o servizo a toda persoa, en calquera parte do territorio (electrificación) en cualquera momento (continuidade do servizo), e independientemente da súa posición económica, social e xeográfica en condicións de calidade e a un prezo accesible (xusto en relación á capacidade económica), garantizando incluso a seguridade na infraestrutura eléctrica e a adaptación do servizo ao desenvolvemento tecnolóxico.

O día 16 de marzo vence o prazo que o Goberno de Calderón da, para que os afectados acepten unha rescisión dos seus dereitos e do seu contrato a nivel individual, e para ese mesmo día o SME conxuntamente con outras organizacións sociais, teñen convocada unha folga xeral política. Quero advertir no remate deste artigo que pretende informar sobre o que está a pasar neste marabilloso país, México, a posibilidade que este día o conflito aquí creado se transforme en pura represión con aqueles que están a defender o dialogo, sair da asfixia a que está sometida a súa loita e resistencia dos  que foron privados do dereito a traballar e de construir unha vida digna xunto as súas familias. É dicir os 45.000 traballadores/as e as súas familias que ficaron sen emprego e aos 25.000 pensionistas en expectativa sobre a súa situación. O sangue non vai solucionar os problemas do sector eléctrico mexicano Sr. Calderón, Presidente da República de México, Vostede decide.

4,08/5 (12 votos)



Fermín Paz Lamigueiro naceu nas Pontes en 1951. Militante de Movemento pola Base é secretario xeral da Asociación Internacional “Dereito á Enerxía –Sos Futuro”. »



Anteriores...