 
A empresa Iberdrola ven de  presentar unha nova propoposta de aproveitamento hidroeléctrico nos Canóns do  Sil. Trátase dunha central de bombeo ubicada no embalse de Santo Estevo, no  concello de Parada do Sil de donde se eleva a auga até un encoro artificial de  
 Esta obra faraónica implica un importante movemento de terras e unha  intervención profunda (e nunca mellor dito xa que furaría todo o macizo) nun  espazo protexido, provocando un ferinte impacto paisaxístico nun lugar onde é  precisamente a paisaxe o seu valor fundamental, foco de atarcción turístico a  nível europeo. 
             Alén disto, este tipo de instalacións de enerxía hidráulica por bombeo  agochan unha cara escura no seu funcionamento. Non xeran enerxía neta senón que  aproveitan as diferentes tarifas existentes para bombear consumindo enerxía pola  noite e turbinar xerando enerxía polo día, e deste xeito beneficiarse das  subvencións existentes para as enerxías renovábeis. 
             É ademáis un feito gravísimo que Ibertrola afirme que esta obra  non vai afectar ao Canón do Sil e que constitúe un exemplo de “aproveitamento  sustentábel”. É posíbel que entenda que o desenvolvemento sustentábel consiste  no seu desenvolvemento, sustentado por todos nós. É doado pretender beneficiarse  das subvencións públicas que pagamos todos/as e non deixar ningún posto de  traballo na zona. O que sí deixa é unha degradación brutal da paisaxe e das  condicións naturais que repercutirá negativamente no turismo da Ribeira Sacra e  comprometendo a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. 
             A este respeito, o Sr. Benito Carreño, actual alcalde de Parada do Sil,  foi consultado por ADEGA sobre o proxecto, manifestando que o Concello xa  aprobara a memoria inicial e alegando que traerá moita riqueza para a zona, pero  descoñecendo detalle algún do proxecto. É responsabilidade dos representantes  municipais enterarse do que asinan e aproban. A ignorancia e o descoñecemento  non xustifica a gravidade das consecuencias deste nefasto acordo. O Sr. alcalde  non considerou a repercusión negativa no turismo, nen as consecuencias  ambientais do proxecto dunha obra que durante os case 8 anos, vai xerar un  escaso volume de emprego, que será práticamente nulo na fase de explotación. 
Por  este motivo ADEGA quere alertar á veciñanza da Ribeiera Sacra e a toda a  cidadanía galega sobre esta desfeita, animando a todos/as a expresar o seu  rexeitamento no propio concello de Parada do Sil.            
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto