A Festa da Cultura comezou na praza de María Pita coa lectura do manifesto da asociación de veciños e coa interpretación, en clave de jazz, da xa tradicional Alborada da Veiga, por parte da Mr. Dixie Jazz Band.
A homenaxe realizada o pasado ano a
María Mariño continuou polas rúas da Cidade Vella. Co "saúde e terra" na lingua, foron moitos os que aproveitaron para salientar o papel de egrexios personaxes da historia galega . Pola súa banda,
Alberto Conde interpretou ao piano a súa persoal versión da Rianxeira.
As caboverdianas de Batuko Tabanka tampouco quixeron faltar neste día, unha data para saír á rúa e gozar coa lingua. A Coral Polifónica "El Eco" participou na xornada, coa interpretación da Alborada e do Himno Galego tras a queima simbólica dos versos de María Mariño.